martes, 17 de abril de 2018

RECURSOS DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Consideramos moi factible facer esta actividade dunha forma interdisciplinar traballando ademáis de coa área de Educación Musical tamén coa de Educación artística.

Aquí deixamos algúns dos recursos que poderiades utilizar, ainda que non é obrigatorio que os utilidades todos, simplemente é para que teñades unha guía e  podades utilizar todo o que se vos ocurra.


Tendo en conta experiencias educativas reais, a cinta de carroceiro que se emprega comúnmente para pintar, é un bo recurso tanto para Educación Infantil como para Primaria. Dependendo de cómo se propoña a actividade pódese traballar difentes conceptos como por exemplo o equilibrio, a lectoescritura, a expresión corporal, entre outros.


A performance é utilizada para traballar, falar e expresarnos a través do noso corpo. Non ten un guión establecido e tampouco é algo que teña unha consecución narrativa, senón que se trata dunha experiencia multisensorial onde os nenos e nenas van xogar cos cinco sentidos,especialmente co audiovisual, ca materia e o tacto, entre moitos outros.


Aquí vos deixámos un enlace de Esther Ferrer, autora da Performance ''Se hace camino al andar'' na cal poderes basar a cosas experiencias na aula e sacar alguna idea.


https://www.youtube.com/watch?v=QL87I_GzWII


Por outro lado, ademáis da performance cremos que o concepto de Land-Art ou tamén coñecido como Arte Natureza, pode dar bastante xogo á hora de recoller os sons para os entornos sonoros.


Sería ideal, ainda que sabemos que o tempo xoga en contra, que os propios menos recolleran diferentes elementos pertencentes á natureza como por exemplo: paos, cunchas, pedras, terra, follas, etc. pero sempre sen dañar a natureza, é dicir, que se poden recoller todos aqueles elementos naturais que se atopan no chan, que o mar escupiu.

 Nunca se collera una folla dunha árbore e moito menos arrincaremos ramas dunha das mesmas.

Á hora de facer una estas obras artísticas, os elementos naturais non poderán ser modificados, é dicir, se queremos facer un círculo con ramiñas que caeron dunha árbore, temos que buscarlle a colocación máis axeitada pero nunca poderemos partir a rama para que nos coincida mellor na composición que estamos a facer.


Algúns dos artistas máis recoñecidos do Land-Art son Richard Long, Nils Udo ou Andy Goldsworthy, entre mottos outros.



Existen tres liñas de acción dentro do Land Art:



  1. Intervir na natureza cos propios elementos da natureza na que os seus referentes artísticos máis destacados son Richard Long e Nils Udo.
  1. Intervir nun espazo ou entorno específico para a realización dunha instalación determinada (con materiais alleos á natureza) e pensada para un tempo limitado. Artistas referentes: Walter de María, Nancy Colt, entre outros, son algúns dos artistas que traballan con esta liña de acción.
  1. Traballar a realización natureza co eu, co propio corpo. Ademáis de Land-Art, tamén destaca o Body-Art ou o Arte-proceso: Giusseppe Penone, Ana Mendieta o Lygya Clark son algúns dos artistas que utilizan este tipo de arte
A continuación deixamosvos un video sobre esta técnica para que, como na performance, teñades unha pauta para que vos sirva de guía.

https://www.youtube.com/watch?v=6koPeWqrYho


https://www.youtube.com/watch?v=A5v7m0G3AA8


Recordar que tanto a Performance como o Land-Art trátase dun tipo de arte efímero.


No hay comentarios:

Publicar un comentario